Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: desvío inst. eléct. en Campo da Feira.
Situación: Monterroso.
Descricións técnicas:
L.M.T.S. a 20 kV con lonxitude de 0,105 km con orixe na L.M.T.S. a C.T. Campo da Feira conductor tipo R.H.V. e final no C.T. proxectado Campo da Feira.
C.T. prefabricado en Campo da Feira con potencia de 400 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.
R.B.T.S. en Campo da Feira con lonxitude de 0,19 km con orixe no C.T. proxectado Campo da Feira e conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 23 de xullo de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo