Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.637

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (302/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 302/2003, seguidos por instancia de Nieves Labandeira Felpete, contra a empresa Gabriel González López, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 14 de xullo de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Nieves Labandeira Felpete, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 5.108,47 A polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Gabriel González López a que, aténdose a tal declaración, lle aboe á demandante a cantidade de 5.108,47 A en concepto de salarios e liquidación máis o 10% de xuros por mora desde a data do seu correspondente devengo.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal, designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Gabriel González López, que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Páramo 12-14, CP 15011 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 14 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado