Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.541

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio do moble.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector do comercio do moble (código de convenio 1500335), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-6-2003, subscrito en representación da parte económica pola Asociacion Provincial de Empresas de Comercio de Mobles da Coruña, e da parte social, pola UGT e CC.OO, o día 5-6-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de xullo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para as empresas do comercio de mobles da Coruña ano 2003

Artigo 1º

Este convenio é de obrigada aplicación para tódalas empresas e traballadores da provincia da Coruña dedicadas ó comercio de mobles. Exceptúanse aquelas empresas que teñan convenio propio, sempre que as súas condicións, no seu conxunto, sexan superiores ás aquí pactadas.

Artigo 2º.-Vixencia.

O convenio páctase por once meses, desde o 1 de febreiro de 2003 ata o 31 de decembro de 2003.

Artigo 3º.-Cláusula de garantía.

O incremento salarial do convenio será do IPC+0,5%. Garantirase un incremento salarial equivalente ó IPC real + 0,5%.

Artigo 4º.-Denuncia.

O convenio prorrogarase por períodos anuais, cunha suba salarial automática do IPC real do ano anterior, se ningunha das partes o denuncia con tres meses de antelación á data de expiración do seu período de vixencia. A denuncia haberá de comunicarse á outra parte por escrito e, se é o caso, ó organismo competente da Administración.

Artigo 5º.-Respecto de dereitos, compensación e absorción.

Respectarase a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio respecto ás materias obxecto da súa regulación.

Tódalas melloras contidas neste convenio, estimadas no seu conxunto, establécense co carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións actualmente implantadas nas distintas empresas, que impliquen situacións actualmente máis beneficiosas que as convidas, será respectadas e non suprimidas.

Artigo 6º.-Condicións económicas.

As condicións retributivas do persoal afectado polo presente convenio serán as que se conteñen nas táboas salariais que se unen como anexo, que son o resultado dun incremento do IPC previsto + 0,5 por cento sobre tódolos conceptos económicos.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Os cuadrienios previstos no artigo 38 da Ordenanza laboral do comercio consistirán na percepción do cinco por cento do salario base por cada cuadrienio con respecto a cada categoría.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias, que se farán efectivas nos días laborables inmediatamente anteriores ó 15 de xullo e 22 de decembro, e dentro do primeiro trimestre do ano a correspondente ó mes de marzo.

As pagas aboaranse cunha mensualidade do salario base e antigüidade que figuran na táboa anexo de este convenio.

Artigo 9º.-Incapacidade laboral transitoria.

O persoal comprendido no réxime de asistencia á Seguridade Social, ademais dos beneficios outorgados pola mesma, terá dereito, en caso de enfermidade ou accidente debidamente acreditado, a que a empresa lle complete as prestacións obrigatorias desde o primeiro día da súa percepción ata o importe íntegro das súas retribucións, cun tempo máximo de 12 meses.

Artigo 10º.-Premio de xubilación.

O premio establecido por xubilación para aqueles traballadores con máis de 20 anos de permanencia na empresa quedará fixado en dúas mensualidades de salario base e antigüidade para os afectados por este convenio.

Artigo 11º.-Incentivo á xubilación anticipada.

O traballador que, por proposta da empresa e de acordo ámbalas dúas partes se xubile voluntariamente con anterioridade a cumpri-los 65 anos, terá dereito a percibir por parte da empresa una cantidade periódica que, sumada á prestación por xubilación, sexa igual ó 100 por cento da base reguladora establecida polo INSS para o cálculo da pensión ata cumprir 65 anos.

Percibirá, ademais, no momento de xubilarse un premio equivalente á doceava parte do salario anual.

A xubilación será obrigatoria ós 65 anos para tódolos traballadores cunha cotización que lles permita xubilarse co 100 por cento da base reguladora.

Artigo 12º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, que supón un cómputo anual de 1.818 horas, salvo que por norma de rango superior se cambiara a dita xornada ou cómputo anual.

Artigo 13º.-Licencias retribuídas.

Ademais dos días sinalados no artigo 37 do Estatuto dos traballadores, os traballadores afectados por este convenio terán dereito a dous días por asuntos propios, que poderán ser acumulados ás vacacións, logo de acordo coa empresa.

As/os traballadores/as que teñan fillos menores de 9 meses, terán dereito a reduci-la súa xornada ordinaria en 1 hora por lactación, tanto ó inicio como ó final da súa xornada. De acordo coa Lei de conciliación da vida familiar.

Tódalas licencias recollidas tanto neste convenio, como no ET serán tamén de aplicación para as parellas de feito.

Artigo 14º.-Vacacións.

Os traballadores desfrutarán de 30 días naturais de vacacións, preferentemente en verán. Poderanse establecer quendas rotatorias para a elección do período de vacacións, comezando polo traballador de máis antigüidade.

Artigo 15º.-Desprazamentos.

Os traballadores que, por necesidade da súa función teñan que desprazarse e efectuar fóra do seu domicilio algunha comida ou ben pernoctar, terán dereito a que a empresa lles aboe os gastos correspondentes, logo de presentación do xustificante destes.

Artigo 16º.-Quebranto de moeda.

Os cobradores percibirán por este concepto a cantidade de 30,28 A mensuais.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias será voluntaria para o traballador.

Suprímense as horas extraordinarias habituais.

O valor da hora extraordinaria será do 75% de incremento sobre o valor da hora ordinaria. As horas realizadas en domingos e festivos do 150%. Exceptuándose as realizadas en días extraordinarios de feira, que terán un incremento do 75%.

Poderanse aboa-las horas extraordinarias en tempo equivalente de descanso unicamente por petición do traballador, coa mesma proporción sinalada no parágrafo anterior.

Artigo 18º.-Garantías sindicais.

As empresas respectarán o dereito dos traballadores a sindicarse libremente. Os traballadores afiliados a un sindicato ou asociación legalmente constituídos poderán distribuír información e recadar cotas fóra das horas de traballo, sen perturba-la actividade normal da empresa.

Por requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato con incidencia superior ó 15 por cento do cadro de persoal do centro de traballo, as empresas descontarán da nómina do persoal o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado remitiralle un escrito á empresa no que expresará a orde de desconto, a central a que pertence, a contía da cota, así como o número de conta corrente a que debe ser transferida a cantidade. Iso, na empresa que conte con máis de 30 traballadores. As empresas efectuarán as anteditas detraccións, salvo indicación en contra, durante períodos dun ano.

Os representantes dos traballadores elixidos conforme a normativa vixente disporán dun crédito de horas para o desenvolvemento da súa actividade sindical. As horas retribuídas dos membros do comité de empresa de empresas de máis de 30 traballadores poderán acumularse para ser desfrutadas por un ou varios de entre eles, sen supera-lo número total de horas e logo de acordo entre os interesados, notificándolle á dirección da empresa con oito días de antelación ó comezo do mes de que se trate, e non supoña alteración grave do réxime laboral desta.

Artigo 19º.-Comisión paritaria.

Constituirase unha comisión integrada por dous representantes dos empresarios e dos dos traballadores, para a interpretación arbitraxe e vixilancia do cumprimento do convenio entre as centrais UGT, CC.OO. e CIG, e a Asociación de Empresas del Comercio del Moble.

-Parte empresarial:

* Miguel Agromayor Vázquez.

* Fernando Fernández Fernández.

* José Fernández Bonome.

-Parte social:

* Soledade Méndez Rodríguez (CC.OO).

* Nieves Montes Patiño (UGT).

* Lois Soto Sabio (CIG).

Artigo 20º.-Seguro de accidente.

As empresas subscribirán un seguro de accidente que cubra os seguintes riscos durante as 24 horas do día:

a) Morte por accidente.

b) Invalidez absoluta e total por accidente.

O capital asegurado será de 12.000 euros en ámbolos dous casos. As empresas que contrataran o seguro correspondente cunha compañía aseguradora non responderán subsidiariamente, en ningún caso, do pagamento da indemnización correspondente ós accidentes aquí recollidos.

Artigo 21º.-Cláusula de desvinculación.

As empresas que tiveran perdas durante os exercicios de 2001 e 2002, e as previsións para 2003 e 2004 foran similares, poderán prescindir da aplicación dos salarios pactados neste convenio.

No prazo de dous meses desde a publicación deste convenio, as empresas que pretendan acollerse a esta cláusula deberán presenta-la solicitude á comisión mixta do convenio, ante a que deberán acreditar, no caso de sociedades e empresas obrigadas pola normativa fiscal á levanza de contabilidade, as contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil e as declaracións correspondentes presentadas ante a Axencia Tributaria. As demais empresas deberán acreditalo mediante a documentación que acredite suficientemente a súa situación a xuízo da comisión. Poderá solicita-la presencia dos representantes dos traballadores, así como de documentación aclaratoria que se estime necesaria.

De non existir acordo no seo da comisión mixta, as partes acordan o sometemento á arbitraxe do AGA.

As empresas acollidas a esta cláusula, de acordo cos traballadores, poderán aplicar incrementos salariais menores ós aquí pactados ou, incluso, non incrementa-los salarios durante a vixencia do convenio.

Tódolos membros da comisión, así como os seus asesores, obríganse a manter na maior reserva a información recibida, observando o maior sixilo profesional.

Artigo 22º.-Contratación temporal.

Son traballadores eventuais aqueles admitidos para atende-las esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou pedidos, incluso tratándose da actividade normal da empresa, sempre que así conste por escrito. Os traballadores así contratados terán os mesmos dereitos e igualdade de trato que os demais traballadores do cadro de per

soal, salvo as limitacións que deriven da natureza e duración do seu contrato.

O contrato previsto no artigo 15.1º b) do ET: poderá ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

Artigo 23º.-Contratación indefinida.

As empresas obríganse a ter unha porcentaxe de emprego fixo respecto ó cadro de persoal total de, polo menos, un 50 por cento.

Por petición da representación legal dos traballadores, as empresas entregarán por escrito á dita representación, semestralmente, a relación de traballadores coa modalidade de contrato que ten cada uno de eles. A comisión paritaria poderá requirirlle ás empresas a mesma información.

Así mesmo. De acordo co establecido na letra b) do punto 2 da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, ámbalas dúas partes coinciden en que, durante toda a vixencia deste convenio, será posible a conversión de tódolos contratos temporais celebrados durante a vixencia deste convenio no contrato para o fomento da contratación indefinida, regulado pola dita disposición.

Artigo 24º

En caso de que non se cumpra o establecido no artigo 23º, as empresas estarán ó disposto no Estatuto dos traballadores.

Táboas salariais ano 2003

CategoríaSalariosCómputo

anual

GRUPO I:

Persoal técnico titulado:

Titulado de grao superior 875,68 13.135,20

Titulado de grao medio 817,43 12.261,45

GRUPO II:

Persoal mercantil non titulado:

Director 1.060,80 1.591,20

Xefe de persoal 875,68 13.135,20

Xefe de compras 875,68 13.135,20

Xefe de vendas 875,68 13.135,20

Encargado xeral 875,68 13.135,20

Encargado de establecemento 817,43 12.261,45

Persoal mercantil propiamente dito:

Dependente 674,43 10.116,45

Corredor de praza 680,69 10.210,35

Aprendiz de primeiro ano456,74 6.851,10

Aprendiz de segundo ano 475,90 7.138,50

Aprendiz de terceiro ano 511,23 7.668,45

GRUPO III:

Persoal administrativo:

Contable 817,43 12.261,45

Oficial administrativo 693,68 10.405,20

Auxiliar administrativo 627,51 9.412,50

GRUPO IV:

Persoal de servicios e actividades auxiliares:

Escaparatista 697,93 10.468,95

Delineante 664,82 9.972,30

Oficial de 1ª e chofer (con permiso de 1ª) 663,79 9.956,85

Oficial de 2ª e chofer (con permiso de 2ª)642,43 9.636,45

CategoríaSalariosCómputo

anual

Axudante 627,49 9.412,35

Mozo especializado 627,49 9.412,35

Mozo 624,81 9.372,15

GRUPO V:

Persoal subalterno:

Cobrador 674,43 10,116,45

Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro e persoal de limpeza577,84 8.667,60