1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: concurso de ideas para a construcción dunha aula forestal en madeira de eucalipto no concello de Mondoñedo.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: dez mil cincocentos euros (10.500 A).
5. Documentación e información.
5.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3061
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán
enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe Asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
5.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
6. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
6.1. Data límite da presentación: ás 14.00 horas do cuadraxésimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.
6.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
6.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
7. Apertura da documentación xeral (sobres A):
a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 13.00 horas.
11. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12.00 horas.
9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2003.
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente