Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada do proxecto de recuperación de canteira con materiais procedentes da construcción e demolición da edificación, promovido por Remosil Catoira, S.L. no concello de Catoira (Pontevedra).

1. En cumprimento do disposto no artigo 16 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental somete a documentación presentada para a solicitude de autorización ambiental integrada ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

2. Para efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares da devandita documentación, nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.

-Concello de Catoira (Pontevedra).

3. As alegacións formularanse por escrito e por duplicado durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade

e Avaliación Ambiental