Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de obras consistente na reforma interior das dependencias administrativas que a Consellería de Innovación, Industria e Comercio ten en propiedade na rúa Curros Enríquez, 1, plantas 3ª, 4ª e 5ª, Ourense. (Expediente 1/2003 DPO).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio en Ourense.

Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial.

Número de expediente: 1/2003 DPO.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: mediante a presente formulación proxectual, preténdense levar a cabo as obras de reforma interior das dependencias administrativas da Delegación Provincial de Ourense, da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, sitas na rúa Curros Enríquez, 1, plantas 3ª, 4ª e 5ª, da cidade de Ourense. As obras que se van levar a cabo consisten na redistribución da planta 3ª, creación dun novo despacho na planta 4ª, así como execución de pequenos axustes no despacho do delegado da mesma planta 4ª e creación dun novo despacho na planta 5ª, todo iso na forma que se describirá na memoria constructiva e demais documentación do presente proxecto. O uso actual das dependencias que hai que reformar sitúase dentro do uso administrativo e coas obras que hai que realizar non se pretende alterar este.

Prazo de execución: corenta e cinco días contados desde o día seguinte ó da acta de comprobación do replanteo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 130.207,85 euros, IVE incluído.

5. Clasificación.

Será requisito indispensable para contratar que o empresario teña a clasificación no grupo C, subgrupos 4, 6, 7 e 9, categoría e, salvo os empresarios estranxeiros non clasificados, que acreditarán a súa solvencia económica, financeira e técnica por calquera dos medios especificados nos artigos 16 e 17 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (en diante TRLCAP).

6. Garantías.

Provisional: exento, salvo os empresarios estranxeiros que non dispoñan da clasificación requirida, que acreditarán a constitución dunha garantía provisional do 2% do orzamento do contrato (2.604,16 euros).

7. Obtención de documentación e información.

Obtención de documentación: Playco Orense, S.C.; avd. Habana, nº 39, local 2, 32003 Ourense.

Teléfono: 988 37 26 60.

Información:

Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: Curros Enríquez, nº 1-4ª planta.

Localidade e código postal: Ourense 32003.

Teléfono: 988 38 67 14.

Fax: 988 38 67 27.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Ourense.

Domicilio: Curros Enríquez, nº 1-5ª planta.

Localidade e código postal: Ourense, 32003.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes (concurso): si, en relación coa reducción do prazo de execución.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio en Ourense.

Domicilio: Curros Enríquez, nº 1-4ª planta.

Localidade e código postal: Ourense, 32003.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións cadrase en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: 11 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Ourense, 26 de agosto de 2003.

P.S.L. (Resolución 22-7-2002)

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL