Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións do proxecto denominado Infraestructura de Evacuación Carballeira, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez.

Outorgada a declaración de utilidade pública, en concreto, por resolución da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, do 26 de xuño de 2003, que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas do referido proxecto (expediente IN407A 02/352-1) a prol da entidade beneficiaria Parque Eólico A Carba, S.A.U. con enderezo en r/ Castiñeiriño, 12-3º, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta delegación acorda sina-lo día 22 de setembro de 2003 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos contidos na relación de predios anexa a esta resolución, afectados por expropiación de servidumes de paso de enerxía eléctrica e ocupación temporal, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselles-los días e horas nos que se levará a efecto o levantamento das actas nas oficinas da Casa do Concello das Pontes de García Rodríguez, sen prexuízo de desprazarse ós predios.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal, as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 22 de agosto de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado Provincial da Coruña en funcións

ANEXO

Relación de bens afectados sen mutuo acordo

Obra: subestación de Carballeira e L.A.T. 132 kV S.E. Carballeira-L.A.T. Bustelo-Tesouro.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Nº dePropietarioEnderezoVooSuperfic.Superfic.Ocupac.Servidume deClasificac.Paraxe
predio(ml)(m)apoioapoiotemporalpaso subt. de
en plano(m)(m)enerxía eléctr. e vial (m)

2Hros. Manuela Prieto García

Rpte.: José Ledo Ledo

Catarou s/n, 15320

As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

1.025M. baixoPasadelo

3Manola López CarballeiraEstrada Castela, nº 233-235, 1º esq.

15315 Ferrol (A Coruña)

293M. baixoPasadelo

4Aurelia Silva LópezAvda. Galicia, nº 73, 2º

15320 As Pontes de García Rodríguez

(A Coruña)

293M. baixoPasadelo

5Felisa López PrietoAvda. Galicia, nº 57, 2º esq.

15320 As Pontes de García Rodríguez

(A Coruña)

293M. baixoPasadelo

Nº dePropietarioEnderezoVooSuperfic.Superfic.Ocupac.Servidume deClasificac.Paraxe
predio(ml)(m)apoioapoiotemporalpaso subt. de
en plano(m)(m)enerxía eléctr. e vial (m)

13Guillermo Prieto RodríguezSucadío de Arriba, Freixo

15326 As Pontes de García Rodríguez

(A Coruña)

401.2001444537M. altoFraga

da Lousa

15Lourdes Corral NovoBrixeo s/n

15320 As Pontes de García Rodríguez

(A Coruña)

8453M. altoFraga

da Lousa

19Guillermo Prieto RodríguezSucadío de Arriba, Freixo

15326 As Pontes de García Rodríguez

(A Coruña)

69M. baixoFraga

da Lousa