Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/63-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto

1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilariño, Pazos, Nogueira, Cardenao.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 352 m derivada desde o apoio nº 21 da L.M.T. Palmés-Cabeanca e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Cardenao. Redes de baixa tensión en Pazos, Cardenao, Cachalvite, Cruces e Nogueira. Liña aérea a 20 kV de 230 m derivada desde o apoio nº 23 da L.M.T. Palmés-Cabeanca e con remate no C.T. proxectado aéreo con 25 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Vilariño. Rede de baixa tensión no mesmo lugar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 24 de xuño de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense