Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/484).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Industrial Barcalesa, S.L.

Domicilio social: Corneira, 15863 A Baña.

Denominación: L.M.T.S., L.M.T.A., C.T.A, R.B.T.S. da Pereira.

Situación: A Baña.

Descricións técnicas: retranqueo L.M.T. da Pereira a Corneira por estr. AC-443. 1º Tramo subterráneo a 20 kV de 470 m coa orixe na glorieta da Pereira e final no p.k. 0+470 en conductor R.H.V. de 95 mm Al.

2º tramo aéreo a 20 kV de 900 m coa orixe no pase aéreo subterráneo (apoio nº 1) e final no apoio nº 9 na LA-56.

3º tramo subterráneo de 265 m coa orixe no apoio nº 9 e final no nº 10 en conductor R.H.V. de 95 mm Al.

4º tramo aéreo de 584 m coa orixe no apoio nº 10 e final no nº 13 en LA-56.

5º tramo aéreo de 20 m entre apoio nº 14 e final 15 (p.k. 3+470 e 3+490) na LA-30.

6º tramo aéreo de 470 m entre apoios nº 15 e 18 (p.k. 4+620 e 5+090) na LA-30.

7º Tramo subterráneo de 180 m entre apoios 18 e 19 en R.H.V. de 95 mm Al.

8º tramo aéreo de 275 m entre apoios de 19 e 20 (p.k. 6+280 e 6+540) na LA-30.

-CC.TT. intemperie de 100 kVA c/u entre Fontesecada, Espesedo e Barreiro coas súas derivacións. RR.BB.TT dos CC.TT anteriores. Concellos de Santa Comba e A Baña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de xuño de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña