Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.505

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (483/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 483/2003 seguidos por instancia de Antonio López Uzal, contra Construcciones Coenge, S.L. Unipersonal e Fogasa sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 30 de xullo de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa Construcciones Coenge, S.L. a que readmita inmediatamente a Antonio López Uzal nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 720,46 A.

A devandita opción deberá de exercerse no termo dos 5 días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante deste xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose o sentido da opción, condeno así mesmo a parte demandada a que satisfaga á demandante os salarios que non teña percibido desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado primeiro, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET, e que ata esta data ascenden a cantidade de 2.607 A.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos legalmente.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo

o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Construcciones Coenge, S.L. Unipersonal que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Reina Victoria Eugenia, B-4, oficina 255, 36001 Pontevedra; e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 30 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado