Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.496

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 2 de setembro de 2003 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de axudas destinadas á prestación de servicios sociais polas corporacións locais convocadas pola Orde do 8 de xaneiro de 2003.

A Orde do 8 de xaneiro de 2003 pola que se regulan axudas destinadas á prestación de servicios sociais polas corporacións locais (DOG nº 13, do 21 de xaneiro), establece no seu artigo 6 o importe da contía máxima das axudas que ó abeiro desta poderán serlles concedidas ós seus solicitantes.

A través da Orde do 14 de abril de 2003 (DOG nº 81, do 28 de abril) fíxose pública unha ampliación do importe existente para as axudas mencionadas no parágrafo anterior, por setecentos sesenta e sete mil cincocentos dezaoito euros (767.518 euros), con cargo á aplicación 16.02.212A.761.1.

Non obstante, e como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre amplia-lo importe da contía máxima das axudas que poderán ser concedidas ó amparo da referida Orde do 8 de xaneiro de 2003, coa finalidade de incrementa-la intensidade das prestacións e programas básicos de servicios sociais de atención primaria municipal.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase o importe da contía máxima que se vai conceder ó abeiro da Orde do 8 de xaneiro de 2003, pola que se regulan axudas destinadas á prestación de servicios sociais polas corporacións locais na cantidade de vintecatro mil cento quince euros (24.115 euros) con cargo á aplicación orzamentaria 16.03.212A.461.0 que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2003.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais