Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión que tivo lugar o día 21-8-2003, aprobou inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación

Centro Sur número 8 (rúa Galicia, rúa San Roque) do PXOU vixente, promovido pola xunta xestora provisional da devandita unidade de actuación, representada por José Manuel Ferreiro Franco.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 26 de agosto de 2003.

José Clemente López Orozco

Alcalde