Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARRAL

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno deste concello, adoptada en sesión con data do 24 deste mes, acordouse prestar aprobación inicialmente ó estudio de detalle que, ó abeiro do artigo 29 do Plan parcial do polígono industrial-residencial Os Capelos, promoven as empresas Ordari, S.L. e Cabelos, S.L. para proceder á agrupación das parcelas 48 e 49 da dita promoción.

O que en cumprimento do disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, se fai público para xeral coñecemento polo prazo de vinte días, contados desde o seguinte ó desta inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poida ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello.

Carral, 30 de xullo de 2003.

Juan Manuel Vales Rodríguez

Alcalde