Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2003 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Leboreiro. (Expediente 033-EOL).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Made Energías Renovables, S.A. (actualmente Endesa Cogeneración e Renovables) con enderezo para efectos de notificacións en rúa do Castiñeiriño, 12-3º A, C.P. 15702 Santiago de Compostela, sobre

autorización das instalacións do parque eólico denominado Leboreiro; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 25 de marzo de 1999, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Made Energías Renovables, S.A. solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública do parque eólico denominado Leboreiro, de 24,42 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación a este expediente en

virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A delegación provincial desta consellería en Lugo someteu a información pública o proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola Resolución do 18 de maio de 1999, para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, xa mencionado, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: DOG do 8-6-1999, BOE do 5-6-1999, BOP de Lugo do 7-6-1999, no xornal El Progreso do 10-6-1999 e La Voz de Galicia do 9-6-1999 e no taboleiro de anuncios do concello de Muras e déuselles coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Durante o período de información pública presentouse alegación formulada por Magdalena López Picos, na que solicita que se lle indemnice o muro de terra e pedra e as árbores da parcela nº 1, manifesta que se ven afectadas polo proxecto as parcelas catastrais nº 228 e 230, aínda que non logra identificalas e solicita a expropiación total da parcela nº 27.

Terceiro.-O 8 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Cuarto.-O 14 de febreiro de 2002, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo corres

pondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

Nome Municipio Vértices

LeboreiroMuras (Lugo) X Y

V613.5004.816.350

V614.0004.814.000

V615.0004.812.955

V613.7004.812.700

V613.0004.814.000

V613.4224.814.482

V612.5504.816.500

Nº de aeroxeradores: 37.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: MADE AE-64/I.

Potencia total instalada: 24,42 MW.

Producción anual estimada: 72.072 MWh/ano.

Investimento previsto: 23.450.995,95 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-37 aeroxeradores tipo MADE AE-46/1 de 660 kW de potencia nominal unitaria.

-37 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior de torre do aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 30/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Leboreiro, composta por dous transformadores principais 20/132 kV de 25/32 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal cada un e dous transformadores para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Quinto.-O 23 de xaneiro de 2002 procédese a dar trámite de audiencia a Magdalena López Pico, non téndose recibido alegacións durante o citado período.

Sexto.-O 26 de xuño de 2003 o promotor presenta nesta consellería copia do acordo amigable asinado por unha parte polos titulares do permiso de investigación Elena nº 5390 e por outra polo representante de Endesa Cogeneración e Renovables, S.A.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Innovación, Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece

a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista da alegación presentada, da contestación dada a ela por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que non se toma en consideración a alegación formulada por Magdalena López Picos, por ter alcanzado acordo amigable co promotor.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do Parque Eólico Leboreiro, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer, de se-lo caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG nº 17,

do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio