Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.461

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2003 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, a Eduardo Godoy Malvar (praza 145/2001).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por Reso

lución do 20 de novembro de 2001 (BOE do 11 de decembro), para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, en prol de Eduardo Godoy Malvar, con documento nacional de identidade número 36009569-X, e cumprindo o interesado os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Eduardo Godoy Malvar catedrático de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non se dicte resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 5 de agosto de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo