Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.460

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de setembro de 2003 pola que se nomean funcionarios en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo) que ocupen vacante dotada orzamentariamente.

Por Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 14 de marzo) convocáronse procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

O punto 1 da base común 12 da citada orde establece que as prácticas terán por obxecto a valoración

das aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición, e que se realizarán nos destinos provisionais que lles correspondan co desempeño da función docente con plena validez académica.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional os opositores que se relacionan nos anexos II, III, IV e V da Orde do 8 de agosto de 2003 (DOG do 22 de agosto), coa excepción dos funcionarios de carreira que non se incorporen a un novo destino do corpo no que superaron o procedemento selectivo e de Carmen María Ferreiro Soto, DNI 33999113, disciplina frauta travesa; Blanca María Vázquez Hermida, DNI 76928418, dis

ciplina piano e Raúl Santos Álvarez, DNI 36165163, disciplina piano, por teren concedido aprazamento.

Segundo.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos:

A) Do 17 de setembro de 2003 para os funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, disciplinas de filosofía, lingua castelá e literatura, física e química, francés, música e tecnoloxía.

B) Do 1 de outubro de 2003 para os funcionarios en prácticas dos corpos de profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e os do corpo de profesores de ensino secundario, disciplinas de informática, organización e proxectos de fabricación mecánica, procesos de producción agraria, procesos en medios de comunicación e procesos e productos de madeira e moble.

Terceiro.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas, modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

Cuarto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de funcionarios en prácticas de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo). De non formularen opción entenderase que desean percibi-las retribucións que lles corresponden como funcionario en prácticas.

Quinto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas e instruccións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria