Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 4 de agosto de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifican os requirimentos de documentación incompleta en relación cos expedientes e persoas que se relacionan no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal nos últimos domicilios coñecidos dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación efectuado polo xefe da Área Provincial do IGVS, que literalmente transcrito di:

«Examinada a solicitude de ampliación do período de subsidiación de préstamo hipotecario do que é beneficiario ó abeiro do expediente de referencia, e a documentación presentada, observáronse deficiencias, polo que deberá achega-los documentos que no anexo se relacionan.

En consecuencia, requíreselle para que no prazo de dez días emende a falta ou achegue os documentos sinalados, advertíndolle que, de non cumprir este requirimento, considerarase que desistiu da súa petición, que se arquivará sen máis trámite, de conformidade co que determina o artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.».

Pontevedra, 4 de agosto de 2003.

Federico del Campo Navarro

Xefe da área provincial acctal.

ANEXO

Expediente: 36-A-0151/98.

Interesada: Rosa Mª Maquieira Iglesias.

Último enderezo coñecido: rúa Gabino Bugallal, s/n, 2º C (Ponteareas).

Intentos de notificación persoal: o 27-6-2003.

Documentación requirida:

* Certificado municipal de empadroamento na vivenda pola que se solicita a ampliación.