Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 31 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución de cesamento na actividade de porcino industrial da explotación rexistrada co número C-2-99-120, propiedade de Manuel López Rodríguez.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó propietario da explotación de porcino industrial, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinala a continuación, a resolución de cesamento na actividade de porcino industrial, acordada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo, en data 5 de xuño de 2003, en aplicación do disposto no artigo 7 do R.D. 324/2000, que regula o rexistro estatal de explotacións porcinas e o rexistro de explotacións porcinas das comunidades autónomas. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

Lugo, 31 de xullo de 2003.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Titular: Manuel López Rodríguez.

DNI: 33572439.

Nº de rexistro de explotación: C-2-99-120.

Último enderezo coñecido: García Abad. Sarria-Lugo.

Motivo da publicación: enderezo descoñecido.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO