Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominado Pedroso 2843.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que a Dirección Xeral de Industria outorgou a Piedras y Granitos de Villanueva, S.L., con data 24-3-2003, a concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominado Pedroso 2843, de seis cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Rodeiro, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VerticesLonxitudeLatitude

17º 59' 00''42º 42' 00''

27º 58' 40''42º 42' 00''

37º 58' 40''42º 41' 20''

47º 59' 00''42º 41' 20''

57º 59' 00''42º 41' 00''

67º 59' 40''42º 41' 00''

77º 59' 40''42º 41' 40''

87º 59' 00''42º 41' 40''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 1 de agosto de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL