Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza o cambio de titularidade do organismo de control autorizado Itevelesa, que pasa a denominarse Grupo Itevelesa, S.A.

Examinado o escrito presentado por Ana Cupeiro Arrojo, en calidade de representante de Grupo Itevelesa, S.A, con CIF A82425893 e con domicilio social en c/ Vázquez de Menchea nº 39, polígono industrial de Argoles, 47008 Valladolid, mediante o que solicita o cambio de titularidade do organismo de control autorizado Itevelesa, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.- Con data 5 de abril de 2001 a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio resolveu autorizar a Itevelesa para actuar como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Con data 11 de abril de 2003, Ana Cupeiro Arrojo solicitou o cambio de titularidade da autorización concedida a Itevelesa, que pasou a denominarse Grupo Itevelesa, S.A.

Terceiro.- Grupo Itevelesa, S.A., está acreditada por ENAC con número de acreditación 09/EI012, conforme os criterios recollidos na norma UNE-EN 45004:1995, para a realización de inspeccións nos campos e segundo os documentos normativos especificados no anexo técnico rev. 10, de data 22-11-2002, da acreditación de ENAC correspondente.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.- Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial, e no Decreto 426/2001, do 15 de novembro, polo que se regulan os organismos de control en materia de seguridade industrial e control regulamentario e se crea a Comisión de Coordinación de Seguridade Industrial de Galicia.

Segundo.- A documentación presentada por Grupo Itevelesa, S.A. acredita que a empresa cumpre coas esixencias establecidas nos artigos 4, 5, 6 e 7 do Decreto 426/2001, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

Terceiro.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Primeiro.- Autorizar a Grupo Itevelesa, S.A, para actuar como organismo de control autorizado na

Comunidade Autónoma de Galicia, en substitución de Itevelesa, por terse producido o cambio de titularidade da entidade. O ámbito regulamentario de actuación esténdese ós seguintes campos:

Instalacións e aparellos a presión, instalacións eléctricas, instalacións de almacenamento de productos químicos, vehículos e contedores destinados ó transporte de mercadorías perigosas e perecedoiras, instalacións e aparellos para combustibles gasosos, construcción de máquinas con risco, elementos e instalacións de aparellos de elevación e manutención, instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, Instalacións contra incendios, instalacións petrolíferas.

Segundo.-Esta resolución pode ser suspendida ou revogada, ademais de nos casos contemplados na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de ENAC, e queda supeditada ó cumprimento das seguintes condicións:

1. Calquera ampliación dos campos regulamentarios de actuación ou dos documentos normativos correspondentes deberá segui-los trámites establecidos nos artigos 4, 5 e 7 do Decreto 426/2001, para a súa autorización.

2. Grupo Itevelesa, S.A. deberá cumpri-lo establecido na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3. Grupo Itevelesa, S.A. deberá cumprir nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia os requisitos establecidos no Decreto 426/2001, do 15 de novembro.

Notifíquese esta resolución ó interesado facendo constar que poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de notificación, ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas