Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2003, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de acondicionamento da estrada AC-430, treito Baio-As Grelas, clave N/AC/91.15.2, termos municipais de Cabana de Bergantiños e Zas.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B de construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 28 de xaneiro de 2003, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto de trazado das obras de acondicionamento da estrada AC-430, treito Baio-As Grelas.

Con data do 31 de xaneiro de 2003, a Xunta de Galicia procedeu a declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 170/2003, publicado no DOG nº 41, do 27 de febreiro.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se se considera necesario.

* Termo municipal de Cabana de Bergantiños.

Local: local social de Canduas.

Día 29 de setembro de 2003, das 10.00 ás 13.30 horas, de Aldea das Grelas a Ferreiro Fernández, Consuelo.

Día 30 de setembro de 2003, das 10.00 ás 13.30 horas, de Ferreiro Lema, Amelia a Leonardo Yánez, Ascensión.

Día 1 de outubro de 2003, das 10.00 ás 13.30 horas, de López Añón, Estrella a Pazos Rey, Carmen.

Día 2 de outubro de 2003, das 10.00 ás 13.30 horas, de Pérez Anido, Teresa a Senande Martínez, Carmen.

Día 3 de outubro de 2003, das 10.00 ás 13.30 horas, de Senande Martínez, Magdalena a Vidal Pose, Ángel.

* Termo municipal de Zas.

Local: Auditorio de Baio (polideportivo).

Día 6 de outubro de 2003, das 10.00 ás 13.30 horas, de Agra Blanco, herdeiros de Carmen a López Añón, María Jesús.

Día 7 de outubro de 2003, das 10.00 ás 13.30 horas, de López Añón, Ramón a Vidal Fuentes, Manuel.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos nos concellos de Cabana de Ber-

gantiños e Zas, e no Servicio Provincial de Estradas da Coruña (praza Luís Seoane, s/n 8ª planta. 15071 A Coruña).

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, DNI e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución e ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Coruña; praza Luís Seoane s/n, 8ª planta, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 24 de agosto de 2003.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe