Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do Hotel Hesperia-Peregrino.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do Hotel Hesperia-Peregrino que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-6-2003, subscrito pola comisión paritaria de interpretación do devandito convenio o día 28-5-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios

colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de xuño de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

ACTA

Comisión Paritaria

En Santiago de Compostela, sendo as 10.00 horas do día 28 de maio de 2003, reúnense, en repre

sentación da empresa Hotelera del Noroeste, S.A., Leandro Pereira Meyer, como director do Hotel Hesperia-Peregrino, e en representación dos traballadores, a Lourdes Moure Vieiro, Cándido Gómez Vidal, Manuel Carrillo Lemos, Carmen Rego Nimo e Matías Vieiro López, como membros do comité de empresa, e Alfredo Santomil García, como asesor sindical da CIG, e Francisco Sebio Peña, como asesor sindical da CUT, como membros da Comisión Paritaria do convenio colectivo da empresa Hotelera del Noroeste, S.A., no seu centro de traballo Hotel Hesperia-Peregrino de Santiago de Compostela, co fin de realiza-la revisión salarial que establece o artigo 3º do convenio colectivo para o ano 2002.

Unha vez confirmado que o IPC resultante a 31-12-2002 foi do 4%, procédese a revisa-los salarios vixentes desde o 1-1-2002, de acordo co establecido no último parágrafo do artigo 3º do convenio colectivo. Xúntase a esta acta a táboa salarial.

Sendo as 11.00 horas do día do encabezamento, e sen máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión.

Táboas salariais 2002 (revisión)

CategoríasNivelSalario base/AComplemento/AManutención/ATransporte/A

Gobernanta1883,79 34,8339,88

Xefe/a de comedor1883,79157,7634,8339,88

Xefe/a de cociña1883,79157,7634,8339,88

Xefe/a de recepción1883,79220,8734,8339,88

Xefe/a de administración1883,79 34,8339,88

Encargado/a de mostrador2786,28 34,8339,88

Xefe/a de sector2786,28 34,8339,88

Encargado/a de economato2786,2894,6634,8339,88

Xefe/a de partida2786,28126,2134,8339,88

Encargado/a de traballos2786,2863,1134,8339,88

Camareiro/a de cafetería3734,29 34,8339,88

Camareiro/a de comedor3734,29208,2534,8339,88

Camareiro/a de discoteca3734,29126,2134,8339,88

Conserxe de noite3734,29 34,8339,88

Cociñeiro/a3734,2994,6634,8339,88

Oficial de contabilidade3734,29113,5934,8339,88

Recepcionista3734,29113,5934,8339,88

Dependente de 1ª3734,29 34,8339,88

Porteiro de servicio3734,29126,2134,8339,88

Mecánico-calefactor4669,29 34,8339,88

Camareira/o de pisos5656,28 34,8339,88

Limpador/a5656,28 34,8339,88

Mozo de equipaxes5656,28 34,8339,88

Fregador/a5656,28 34,8339,88

Lavandeiro/a5656,28 34,8339,88