Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se adxudican as bolsas para a formación de persoal especialista en temas de investigación mariña correspondentes ó programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, convocadas no anexo I da Orde do 28 de maio de 2003.

A orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 28 de maio de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 5 de xuño) aprobaba as bases para a convocatoria de bolsas para realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Na base sete do anexo I, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros da comisión que vai ser designada pola directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro e polo director xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada pola citada comisión, a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro

RESOLVE:

Primeiro.-Concedérlle-las bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña, segundo os campos, ás persoas que se relacionan no anexo I da presente resolución.

Segundo.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas ás que se refire o anexo I desta resolución, a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro procederá, se é o caso, a adxudicárlle-la dita axuda a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión e que se inclúe no anexo II da presente resolución. A asignación farase pola mesma orde que figura no dito anexo.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 28 de maio de 2003 (DOG do 5 de xuño), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Conten

cioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Diposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2003.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento pesqueiro

ANEXO I

Bolsas para realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña

Adxudicatarios:

-Alteracións patolóxicas que afectan as poboacións de berberechos Cerastoderma de Galicia:

Adxudicataria: Marta Cuervo López (DNI 44465403-D).

-Optimización do cultivo de ameixa babosa, Tapes pullastra, en criadeiros:

Adxudicataria: Ana Cerviño Otero (DNI 35469650-Q).

ANEXO II

Bolsas para realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña

Suplentes:

-Seila María Díaz Costas (DNI 36167197-L).

-María del Pilar Fernández Martín (DNI 07981102-X).-Iria Carballeira Valiñas (DNI 44080737-H).-José Emilio Oti Cabanelas (DNI 35471724-C).-Ana María Anadón Ruiz (DNI 44826146-C).-Felisa Rey Eiras (DNI 35324158-E).