Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 05 de setembro de 2003 Páx. 11.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/483-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre-

to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. O Alcouce-Filgueira.

Situación: concello de Vilaboa.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 758 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. MUR801, entre os CC.TT. Borrateiros e Bergunde, e remate no C.T. proxectado, de 160 kVA R.T. 20 kV-380/220 V. Dúas R.B.T. con orixe no C.T. proxectado, unha aérea de 1.232 m de lonxitude e outra soterrada de 335 m. A instalación sitúase no Alcouce, concello de Vilaboa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 18 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra