Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 05 de setembro de 2003 Páx. 11.358

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de agosto de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axentes de extensión pesqueira.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o ingreso na escala de axentes de extensión pesqueira, levada a efecto pola Orde

do 29 de novembro de 2001 (DOG nº 238, do 11 de decembro), modificada pola Orde do 16 de abril de 2002 (DOG nº 80, do 25 de abril), e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo

para o ingreso na escala de axentes de extensión pesqueira do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), que se publica como anexo a esta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os documentos ós que se refire a base V da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro

da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8.2º e 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso na escala de axentes de extensión pesqueira do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B).

Acceso libre

DNIPRIMEIRO APELIDOSEGUNDO APELIDONOMEEX. 1ºEX. 2ºEX. 3ºEX. 4ºCONCURSONOTA FINAL

76362951FBLANCOLOUROMª CONCEPCIÓN8,0015,6018,00Exenta4,4046,00

10082351WGAGOMOLDESELISA7,0016,9012,00Exenta9,0044,90

32764252QCASTROVÁZQUEZMª MONSERRAT7,1212,7715,00Exenta0,0034,89