Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

CÉDULA do 29 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente 95/85 (SXPA 01/375-5).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente existente nesta delegación provincial.

A interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que corresponda, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.

O correspondente expediente figura no Servicio de Familia, Infancia e Menores da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado en Vigo.

-Nº expediente: 95/85 (SXPA 2001/375-5).

-Interesada: Milagros Barros Conde.

-Enderezo: descoñecido.

-Asunto: resolución administrativa do 23 de maio de 2003.

Vigo, 29 de xullo de 2003.

Francisco J. González Vicente

Delegado provincial de Pontevedra