O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra o debedor que se sinala na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. No devandito expediente practicouse dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade do debedor; dilixencia que non lle puido ser notificada ó interesado malia ós intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.
Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, emprázase o interesado ou o seu representante para ser notificado por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, rúa Comandante Fontanes, 17, 1º A), no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 16 de xullo de 2003.
Nazario Villalva
Recadador de zona da Coruña
ANEXO
dilixencia
Interesado NIF Data
Descrición do ben
Antonio
Fernández Rodríguez,
32795045-N 27-5-2003 Embargo de contas bancarias na entidade Banco Pastor