Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación, por concurso con procedemento aberto, para a contratación da obra proxecto de urbanización U.A. 21.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: proxecto de urbanización U.A. 21.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 82.190,96 euros, IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Clasificación: non se esixe.

9. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo. Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío, Culleredo.

b) Código postal e localidade: 15189 Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

10. Presentación de ofertas: vinteseis (26) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou DOG).

11. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

12. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, sábados de 9.00 a 13.00 horas.

13. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12.00 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

14. Gastos de anuncios de licitación: aproximadamente 500 euros.

Culleredo, 11 de agosto de 2003.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde en funcións