1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Contratación. Unidade de subministración. b) Número de expediente: S2003/51.
2. Obxecto do contrato: subministración dun vehículo camión con destino ó servicio do parque móbil. Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, e non poderá ser superior a un mes, a partir da data da adxudicación do concurso.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 41.545,30 euros, IVE incluído.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico suministros*aytolacoruna.es e licitaciones*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura das proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo da licitación. c) Hora: 12.00 horas.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 26 de agosto de 2003.
Francisco José Vázquez Vázquez
Alcalde