Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidad pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/179).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado 1. L.M.T., C.T., R.B.T. Campelos.

Situación: Ribeira e Porto do Son.

Descricións técnicas: liñas eléctricas de media tensión subterránea a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56:

-De 342 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 103 da liña Ribeira-Olveira-Rial e final no C.T. Campo das Patas, que se vai instalar.

-De 704 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 88 da liña Ribeira-Olveira-Rial e final no C.T. Campelos, que se vai instalar.

Centros de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Campo das Patas e Campelos, dos que parten redes de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.660 m de lonxitude desde o C.T. Campo das Patas e de 1.540 m desde o C.T. Campelos nos termos municipais de Ribeira e Porto do Son.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica:

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

O propietario dos predios nº 4/2, 13, 17 e 19 Juan Sieira García alega que a L.M.T. pode ir ó largo do camiño. Que algúns dos seus predios son edificables e que a L.M.T. pode ser prexudicial para o gando.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que se axusta o máis posible ós lindes, intentando orixina-lo menor dano.

O propietario do predio nº 4/1 Ramón Franco Yuste alega que lle divide o predio en dúas porcións. Que lle limita a plantación de árbores e que o trazado é inadecuado.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que o trazado é o máis adecuado e que os danos os poderá avaliar na folla de aprecio.

A propietaria do predio nº 6 Benita Romero Pérez alega que non se especifica con claridade o terreo que vai ocupar, e non se acompaña escrito razoando a causa da utilidade pública que se vai solicitar, que se aclare sobre o terreo, dado que o traslado á delegación lle ocasiona gastos.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que persoal desta empresa se puxo en contacto co propietario, para informalo respecto das dúbidas presentadas. Que a finalidade do proxecto é mellora-la subministración de enerxía eléctrica nas zonas de Campos de Patas, Campelos e Olveira de Arriba, que a parcela nº 6 está afectada en 24 metros lineais,

que xeran unha servidume de 264 metros cadrados e colocarase o apoio nº 1 bis, no linde entre a súa parcela e a nº 5.

O propietario do predio nº 32 Juan José Sieira Valiño alega que hai percorridos alternativos por vías públicas.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que o trazado intenta ocasiona-lo menor dano axustándose o máis posible ós terreos de dominio público.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 16 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña