Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de prestación de servicios na gardería municipal.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilalba.

2. Obxecto do contrato: prestación de servicios na gardería municipal.

3. Tipo de licitación: 80.000 euros.

4. Duración do contrato: dous anos, prorrogables ata un máximo de catro anos.

5. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

6. Información: Secretaría do Concello de Vilalba.

7. Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: 15 días naturais desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou no DOG.

9. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Vilalba, ou por correo.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Vilalba, 20 de agosto de 2003.

Gerardo Criado Guizán

Alcalde accidental