Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TABOADA

INFORMACIÓN pública.

Aprobado inicialmente pola Corporación, en sesión de data 23 de xullo de 2003, o proxecto de urbanización do parque empresarial de Taboada e o proxecto de electrificación do parque empresarial de Taboada, por medio do presente concello, e cumprindo con canto establece o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, prazo que se contará desde o día seguinte ó da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo poderán formularse as alegacións e apreciacións que se estimen oportunas, que deberán formularse por escrito dirixido ó alcalde-presidente.

Os proxectos poderán examinarse nas oficinas municipais en días laborables de dez a catorce horas.

Taboada, 24 de xullo de 2003.

O alcalde

Rubricado