En cumprimento co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das
administracións públicas, faise pública para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de asistencia técnica:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.
c) Número de expediente: ref. 1500.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de asistencia técnica.
b) Descrición do obxecto: concurso para contrata-la redacción do proxecto básico e de execución do novo centro cívico e social para construír na r/ Colón, 20 e Cervantes, 22, así como a contratación da dirección facultativa das obras.
c) Lote: único.
d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP nº 96, do 28 de abril, e DOG nº 85, do 5 de maio de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Adxudicación.
a) Data: 17 de xullo de 2003.
b) Contratista: Manuel Gallego Jorreto.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: redacción do proxecto: 62.500 euros; dirección da obra: 29.400 euros.
Ourense, 21 de xullo de 2003.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde