Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

Por resolución da Alcaldía en funcións nº 933/2003, do 6 de agosto, aprobouse inicialmente o documento de Plan parcial do solo industrial promovido por Sansinaes, S.L., en Toedo, asinado polo enxeñeiro de camiños Eloy Fernández-Valdés Martínez-Estellez, con data de xullo de 2003.

O que se somete a información pública polo prazo dun mes a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da inserción en dous xornais de gran difusión provincial durante dous días consecutivos, e no taboleiro municipal.

Así mesmo, para os efectos previdos no artigo 59 da vixente Lei de procedemento administrativo común, notifícaselles por medio deste anuncio ás persoas que a continuación se relacionan en calidade de propietarios catastrais afectados, por ignorarse o lugar da notificación:

-Manuel Sangiao Otero e Dolores Sangiao Cachafeiro (parcelas números 1, 4, 7, 12, 20 e 22; ref. catastrais números 458, 461, 464, 469/2, 476 e 479).

-Manuel Sinde Porto e outros (parcela nº 8; ref. catastral 465).

-Elvira Terceiro Otero (parcela nº 9; ref. cat. 466).

-Rosalía Porto Carballo (parcela nº 10; ref. cat. 467).

-Manuel Sinde Buela (parcela nº 11; ref. cat. 468).

-Manuel Sangiao Otero e José Benito Míguez Montoto (parcela nº 13; ref. cat. 469/01).

-Virtudes Touceda Fariña (parcela nº 15; ref. cat. 471).

-Herdeiros de Ramón Bragaña Rey (parcela nº 20; ref. cat. 478).

-Restaurante Sala Gradín, S.L. (parcelas nº 23; ref. cat. 477).

-Descoñecido (parcela nº 26).

A Estrada, 12 de agosto de 2003.

O alcalde en funcións

Rubricado