Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de incendios OU 009/2003 IN e cinco máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores correspondentes, por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coas resolucións do 24 de xaneiro do 2002 e do 11 de febreiro do 2003, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002 e 2003, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel no que

esta resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Prazos establecidos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación:

-As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior

-As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presentase, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 14 de xullo de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte./anoDenunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

euros

OU 009/2003 INNicanor Arias Arias

DNI: 09945808-X

R/ Gran Capitán nº 15-17. 24010 Trobajo del Camino (San Andrés de Rabanedo)Abandono de vehículo

LU-7460-C

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e Industrias Forestais300,51 A

OU 012/2003 INDistribuciones Graña, S.A.

CIF: A-24024382

Travesías Eladio Bailina nº 9

24400 Ponferrada

Abandono de vehículo

LE-9709-O

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e Industrias Forestais300,51 A

OU 013/2003 INJaime Diéguez Vázquez

DNI: 34997430

San Bartolomeu, 32514Abandono de vehículo

OR-5655-D

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e Industrias Forestais300,51 A

OU 040/2003 INInvestigaciones Mineras Alto del Santuario, S.L.

CIF: B-32027567

María Pita nº 53

32550 Viana do Bolo

Abandono de vehículo

OR-0673-C

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e Industrias Forestais300,51 A

OU 085/2003 INMª Milagros Hernández Zalazar

DNI: 71142886

Barrio de la Esperanza nº 104

47007 Valladolid

Abandono de vehículo

BI-1666-AW

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e Industrias Forestais300,51 A

OU 092/2003 INManuel Martínez Pérez

DNI: 34992439

Rozas, 32310 RubiáAbandono de vehículo

OR-8096-K

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e Industrias Forestais300,51 A