Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución, se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial e se declara a utilidade pública, en concreto, do proxecto modificado do parque eólico denominado Álabe-Ventoada. (Expediente 039/EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Acciona Eólica de Galicia, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en Parque Empresarial La Moraleja, avda. de Europa nº 18, 28108 Alcobendas-Madrid, sobre autorización de instalacións e utilidade pública do proxecto modificado do parque eólico denominado Álabe-Ventoada; resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Por Resolución do 10 de outubro de 2000 da Dirección Xeral de Industria autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e recoñeceuse a inclusión de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Álabe-Ventoada.

Segundo.-Por Resolución do 30 de novembro de 2000, da Consellería de Industria e Comercio, declarouse a utilidade pública, en concreto, das instalacións de referencia.

Terceiro.-O 27 de febreiro de 2002, Juan Antonio Alonso Comerma, en nome e representación de Acciona Eólica de Galicia, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución e declaración de utilidade pública en concreto do proxecto modificado do parque eólico denominado Álabe-Ventoada. O modificado foi motivado pola necesidade de esperar á declaración de utilidade pública para tomar datos topográficos de campo nuns terreos nos que o propietario non permitiu o paso; unha vez realizado o replanteo, comprobouse a necesidade de introducir determinadas modificacións na posición dalgunhas infraestructuras e instalacións que contempla o cambio de posición de determinados elementos do parque cunha potencia asociada de 22,5 MW, sen modifica-la potencia autorizada. O promotor achegou a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación

forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de apli

cación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Cuarto.-O proxecto modificado someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; decretos 2167/1966 e 2619/1966, xa mencionados, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria de Lugo do 4 de abril de 2002, publicada no diario El Progreso do 17 de abril, Boletín Oficial del Estado do 17 de abril, o BOP de Lugo do 19 de abril, DOG do 24 de abril de 2002, e no taboleiro de anuncios do concello de Muras e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. José Santalla Carbajal, en nome e representación da empresa Asesoramiento y Comercialización Marpu, S.L., manifesta o seguinte:

a) Que non se lles comunicou en ningún momento anterior a este trámite, cuestión ningunha relativa á modificación do proxecto, malia ser unha parte especialmente interesada neste expediente, reclamando a súa condición de interesado.

b) Que as obras proxectadas se localizan dentro da Serra de Xistral-Cadramón, ecosistema de grande importancia recoñecido como hábitat natural e Lugar de Interese Comunitario na Rede Europea Natura 2000.

c) Que solicita a suspensión do procedemento en función da existencia de dous recursos contenciosos administrativos, unhas dilixencias previas e unha denuncia contra o proxecto do parque eólico Álabe-Ventoada.

2. Patricia Marchal Puchol, en nome e representación da empresa Asesoramiento y Comercialización Marpu, S.L. manifesta o seguinte:

a) Que a zona proposta para alberga-la maquinaria, como espacio natural de especial protección, está inscrita no rexistro xeral de Espacios Naturais de Galicia e na proposta galega para a súa inclusión na Rede Natura 2000.

b) Que o estudio de impacto ambiental ten un contido que non cumpre co establecido legalmente,

e non achega unha xustificación técnica da solución proposta nin propón auténticas alternativas.

c) Que existe afección do dominio público hidráulico e segundo o estudio de impacto ambiental «non hai modificacións significativas das afeccións descritas no estudio hidrográfico», manténdose deste xeito tódalas irregularidades denunciadas por esta empresa con anterioridade sobre o proxecto do parque Álabe-Ventoada.

d) Que se trata dun único parque eólico e non tres independentes (Álabe-Ventoada, Lomba e Refachón) e non se trata só dos aeroxeradores, senón de toda a infraestructura que eles levan consigo, incluíndo unha liña eléctrica de alta tensión que atraviesa a serra do Xistral.

3. Rafael Corral Bellas, en nome e representación do grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, manifesta:

a) Que cren necesaria a paralización de tódolos parques eólicos en tramitación, a suspensión do Plan Sectorial Eólico de Galicia e a creación dunha comisión de traballo no que estean representadas tódalas partes afectadas co fin de crear un Plan Eólico de Galicia consensuado por todos.

Quinto.-O 1 de abril de 2002 a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Álabe-VentoadaMuras (Lugo)XY

611.0344.810.987

611.2484.811.300

612.2244.811.300

612.8624.811.931

611.9544.812.333

612.2654.812.789

613.5594.812.270

613.7004.812.700

614.1804.812.000

613.9604.811.738

612.2564.810.551

Nº de aeroxeradores: 30.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Xeradores: NEG-MICON NM750/44.

Potencia total instalada: 22,5 MW.

Producción anual estimada: 77.682 MWh/ano.

Investimento previsto: 19.770.404,22 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-30 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación

0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador cos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión.

-6 centros de recollida de media tensión para optimización de transporte de enerxía dotados cada un de transformador para servicios auxiliares e dos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico Álabe-Ventoada, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25/27 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,38 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.

Sexto.-O 26 de maio de 2003, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu formula-la declaración de impacto ambiental do proxecto modificado do parque eólico, publicándose no DOG do 16-7-2003.

Sétimo.-O 3 de xullo de 2003, Acciona Eólica de Galicia, solicita que lle sexa de aplicación o procedemento establecido no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, cabe dicir que:

1. A declaración de utilidade pública faise en virtude dos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

2. O impacto ambiental e socioeconómico do proxecto tívose en conta á hora de formula-la declaración de impacto ambiental.

3. Non podemos acepta-las alegacións formuladas por José Santalla Carbajal, no nome y representación da empresa Asesoramiento y Comercialización Marpu, S.L., porque, esta non foi notificada por non estar afectada polo proxecto modificado, carecendo de obxecto a oposición o proxecto inicial xa que no vai ser executado, nos termos nos que foi aprobado.

4. En relación coa alegación formulada por Patricia Marchal Puchol, en nome e representación da empresa Asesoramiento y Comercialización Marpu, S.L., cabe dicir que non procede por tratarse de tres expedientes distintos os parques eólicos Álabe-Ventoada, Lomba e Refachón; cada un co seu correspondente proxecto.

5. Non podemos acepta-la alegación formulada por Rafael Corral Bellas, en nome e representación do grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, dado que o Plan Eólico de Galicia se aprobou definitivamente como plan sectorial de incidencia supramunicipal, por Acordo do Consello da Xunta do 1 de outubro de 1997, sendo aprobada a súa modificación mediante Acordo do Consello da Xunta do 5 de decembro de 2002 e foi tramitado de acordo coa Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Terceiro.-No expediente instruido para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Acciona Eólica de Galicia, S.A., a instalación dos equipos electromecánicos do proxecto modificado do parque eólico denominado Álabe-Ventoada, a que se situará no concello de Muras, na provincia de Lugo.

2. Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

3. Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do proxecto modificado do parque eólico Álabe-Ventoada, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto modificado presentado pola empresa cun orzamento de 19.770.404,22 euros.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo poderá auto

riza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Terceira.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Acciona Eólica de Galicia, S.A. no seu plan eólico.

Cuarta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila mesma no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema de captación e procesamento de datos de producción enerxética de Galicia regulado por Orde do 29 de xullo de 2002 (DOG do 13 de agosto).

Quinta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución, na declaración de impacto ambiental do 26 de maio de 2003, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Sexta.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Sétima.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas