Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/294, modificado I).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I, L.M.T., C.T., R.B.T. Fontelo.

Situación: Frades e O Pino.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos tubulares, con conductor LA-56:

-De 2.083 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 10 de L.M.T. ó C.T. Aiazo e final no C.T. Tambre, que se vai instalar.

-De 10 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da L.M.T. ó C.T. Fontelo, que se vai instalar.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo, e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 132 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 2 da L.M.T. a C.T. Tambre e final no C.T. A Torre, que se vai instalar.

Centros de transformación, aéreos de 25 kVA en Tambre, de 50 kVA no Fontelo e en caseta prefabricada de formigón de 160 kVA na Torre. Concellos de Frades e O Pino.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 15 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña