Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/87-2, 6051 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea, C.T. 630 kVA, R.B.T. subterránea en rúa Sto. Grial e Ángelo Colocci.

Situación: Lugo.

Características técnicas:

-L.M.T. de 80 m de lonxitude a 20 kV con orixe en C.T. de depósito de augas e final en C.T. rúa Sto. Grial.

-L.M.T. de 130 m de lonxitude a 20 kV con orixe en C.T. rúa Sto. Grial e final en C.T. de Instituto Piringalla.

-L.M.T. de 50 m de lonxitude a 20 kV con orixe en C.T. depósito de augas e final en C.T. de Instituto Piringalla.

-C.T. rúa Sto. Grial en edificio existente interior de superficie cunha potencia de 630 kVA.

-R.B.T. subterránea de 100 m de lonxitude con orixe en C.T. rúa Sto. Grial e final en rúa Sto. Grial e Ángelo Colocci.

-R.T. subterránea de 100 m de lonxitude con orixe en C.T. de Instituto Piringalla e final en rúa Ángelo Colocci.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo