Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.065

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 347/2003, do 29 de agosto, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia á República do Salvador, é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á República do Salvador, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día 2 de setembro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2003.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente