Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA MERCA

ANUNCIO da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno do Concello, con data do 30 de xuño do ano que corre, en aplicación da disposición adicional terceira da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia, e de acordo co artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, acordou proceder á aprobación definitiva do PXOU a Merca. Así mesmo, acordouse darlle cumprimento ó artigo 48 da Lei 1/1997 para procura-la súa entrada en vigor.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio no DOG, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A Merca, 28 de xullo de 2003.

Manuel-Jorge Velo Reinoso

Alcalde