Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 10 de xullo de 2003, aprobou a forma de adxudicación mediante

concurso, para adquisición de catro dúmpers autocargables para diversos servicios do Concello de Lugo. Por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adquisición de 4 dúmpers autocargables para diversos servicios do Concello de Lugo.

b) Prazo de entrega: o prazo máximo de entrega será de 30 días contados a partir da data de formalización do contrato administrativo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

O orzamento base de licitación é de 64.380 euros. Non obstante, o prezo do contrato será ofertado polos licitadores nas súas propostas.

5. Garantías.

Provisional: exentos.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e de características técnicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o día seguinte hábil posterior á terminación do prazo de presentación de propostas.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: 816,2 euros, que serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 18 de agosto de 2003.

José Clemente López Orozco

Alcalde