Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto, para a contratación do servicio de atención telefónica especializada do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto, para a contratación de servicio de atención telefónica especializada do Instituto Galego de Promoción Económica.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: CP 9/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de atención telefónica especializada do Instituto Galego de Promoción Económica conforme o previsto na cláusula 2 do prego de prescricións técnicas.

b) Lugar de execución: nas instalacións do provedor.

c) Prazo de vixencia (meses): a vixencia inicial será de 12 meses e poderá prorrogarse por outros 12 meses mais, logo de acordo expreso das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total (IVE incluído), 169.000 A (cento sesenta e nove mil euros) imposto sobre o valor engadido (IVE incluído), dos que 84.500 A corresponden ó orzamento do prazo de vixencia inicial dun ano da contratación e 84.500 A ó prazo dun ano de posible prórroga.

5. Garantía provisional: 1.690 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: grupo U, subgrupo 7, categoría A, equivalente ó grupo III, subgrupo 8, categoría A, da Orde do 24 de novembro de 1982.

b) Solvencia técnica: compromiso de adscribir á execución do contrato os medios técnicos e humanos especificados no punto C da folla de especificacións, segundo o artigo 15.1º do TRLCAP.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: no Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o décimo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica.

e) Hora: 11.00 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: 700 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica