Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de xullo de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lles notifican ós interesados os requirimentos de pagamento acordados nos expedientes de desafiuzamento administrativo P-132/2003 e P-116/2003.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia na que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 29 de xullo de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-1-CD/71 (expte. desaf.: P-132/2003).

Cta.: 29.

Nome: Antonio Tebar Pérez.

Enderezo: r/ Bueu, nº 6, 3º esq. en Coia, Vigo, Pontevedra.

Non pagamento débeda: 758,59 A.

Expediente: PO-80/020 (expte. desaf.: P-116/2003).

Cta.: 46.

Nome: Ángel Fernández Pérez.

Enderezo: r/ Tui, blq. 2, nº 12, 6º F en Vigo, Pontevedra.

Non pagamento débeda: 13.701,57 A.