De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27 de abril de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio), publícase:
1. Expediente de procedemento: FM 343G 2001/611-5.
Orde da convocatoria: 27 de abril de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio).
Interesado: Tilfer, S.L.
Enderezo: Cobián Roffignac 26, 1º A, 36002 Pontevedra.
Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de data 3 de abril de 2003, ó abeiro da Orde do 27 de abril de 2001.
«Resolución:
Examinado o plan empresarial de incremento da estabilidade laboral, presentado por José Luis Fernández Gutiérrez, en nome e representación de Tilfer, S.L. (no seu propio nome) e tendo en conta os seguintes:
Antecedentes.
Primeiro.-O plan foi presentado o 26 de xullo de 2001 e estimado na Resolución do 14 de outubro de 2002, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 4.808,10 A pola contratación indefinida de 1 traballador.
Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.
Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:
-Documentos TC2, correspondentes ás seguintes mensualidades: decembro 2000, maio e setembro 2001.
-Documentación acreditativa de que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e de que non teñen pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
-Declaración complementaria da establecida no artigo 9.4º da orde de convocatoria, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas e subvencións.
-Alta no imposto de actividades económicas; no seu defecto, declaración por parte do representante legal da data de inicio da actividade.
-Declaración da condición de PEME.
Cuarto.-Na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.
Fundamentos.
Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la solicitude corresponde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 7 da Orde do 27 de abril de 2001 (DOG do 14 de abril) pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2001 do programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.
Segundo.-O artigo 17 da orde reguladora determina a revogación das axudas concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial
RESOLVE:
Revoga-la resolución da delegación provincial da Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 14 de outubro de 2002, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda pola contratación indefinida de 1 traballador, por un importe total de 4.808,10 euros.
Notifíqueselles esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 3 de abril de 2003. P.D. O delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez».
Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promovión do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.
Vigo, 18 de xullo de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra