Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 18 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 6 de maio de 2003 de revogación das axudas pola contratación indefinida do expediente administrativo FM342B 2000/2547-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 342B 2000/2547-5.

Orde da convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: José Prado Fontao.

Enderezo: Gregorio Espino 23, 36205 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de data 6 de marzo de 2003, ó abeiro da Orde do 13 de marzo de 2000.

«Resolución:

Examinado o expediente de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada por José Prado Fontao e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 6 de xullo de 2000 e estimada na Resolución do 27 de maio, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 2.404,05 A pola contratación indefinida de 1 traballador.

Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

-Certificado de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social e na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-Alta no imposto de actividades económicas ou comprobante do pagamento do último recibo.

-TC1 e 2 dos meses seguintes: decembro/99, setembro/00, xuño/01 e marzo/02.

Cuarto.-Na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la solicitude corresponde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 3 da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento da contratación por conta allea para o exercicio de 2000, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21

de xaneiro), polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Segundo.-O artigo 11 da orde reguladora determina a revogación das axudas concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución da delegación provincial de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 27 de maio de 2002, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 2.404,05 A pola contratación indefinida de 1 traballador.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 6 de maio de 2003. P.D. O delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 18 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra