Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.026

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 24 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional específica no curso 2003-2004.

Advertidos erros, na devandita resolución, publicada no DOG nº 143, do xoves 24 de xullo de 2003, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 9.831, onde di: «Resolución do 24 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional ...», debe dicir: «Resolución do 24 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais...».

No artigo décimo, punto 1. a), páxina 9.834, onde di: «Asignarase...», debe dicir: «Asinarase...».

No artigo décimo cuarto, páxina 9.836, onde di: «Envío de documentación á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional», debe dicir: «Desenvolvemento do módulo de FCT fóra da Comunidade Autónoma de Galicia».

No anexo IV, páxina 9.843, onde aparece:

«XUSTIFICACIÓN DE REALIZACIÓN E DE GASTOS SOPORTADOS

Declaro, baixo a miña responsabilidade, que os datos contidos son certos».

Debe aparecer:

«XUSTIFICACIÓN DE REALIZACIÓN E DE GASTOS SOPORTADOS

Declaro, baixo a miña responsabilidade, que os datos contidos son certos.

En ............, ... de .......... 200..

Asdo:.................».

No anexo VII, páxina 9.845, onde di: «Ciclo formativo: CM supervisión e control de máquinas...», debe dicir: «Ciclo formativo: CS supervisión e control de máquinas...», páxina 9.849, onde di: «Ciclo formativo: CM desenvolvemento e aplicación de proxec

tos de construcción...», debe dicir: «Ciclo formativo: CS desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción...», páxina 9.851, onde di: «Ciclo formativo: CM construccións metálicas...», debe dicir: «Ciclo formativo: CS construccións metálicas...», onde di: «Ciclo formativo: CM desenvolvemento de proxectos mecánicos...», debe dicir: «Ciclo formativo: CS desenvolvemento de proxectos mecánicos...», páxina 9.852, onde di: «Ciclo formativo: CM axencias de viaxes...», debe dicir: «Ciclo formativo: CS axencias de viaxes...», páxina 9.854, onde di: «Ciclo formativo: CM industria alimentaria...», debe dicir: «Ciclo formativo: CS industria alimentaria...».