Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2003 Páx. 11.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RELACIÓN número 3/2003 de plans provinciais.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12.00 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12.00 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, o modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono (988 38 51 00) e fax (988 38 51 84).

Número e plan/denominación/concello/prazo execución/clasif. contratista/orzamento.

42PB/pavimentación acceso A Rañoá-Pousiña/Ma-

side/3 meses/-/45.695.

56PB/pavimentación camiño Loeda ó Carballiño e outros/Piñor/5 meses/-/90.931.

66PB/Sto. en Beariz-Navío e beirarrúas-Sto. en Eiras/4 meses/-/90.000.

287POL/construcción piscinas municipais en Larou-

co/Larouco/4 meses/-/82.227.

290POL/inst. deportivas infantís e parque alameda/Maside/3 meses/-/60.102.

312POL/CV 385 Fustáns-Abellás/Gomesende/4 me-

ses/G.6.d/190.000.

316POL/CV 32 Progo-Vilardevós/Riós e Vilardevós/3 meses/-/96.162.

326POL/CV Arzádegos-Trabancas/Vilardevós/4 me-

ses/G.6.d/215.000.

327POL/CV Terroso-San Vicente/Vilardevós/3 me-

ses/-/98.088.

Ourense, 21 de agosto de 2003.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense