Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2003 Páx. 11.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación da asistencia á deputación para o control e vixilancia da seguridade e saúde das obras incluídas no Plan de vías provinciais 2003, 2ª fase.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da asistencia á deputación para o control

e vixilancia da seguridade e saúde das obras incluídas no Plan de vías provinciais 2003, 2ª fase, que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación en horas de 9.00 a 13.00 dentro do prazo dos oito días naturais, contados desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 19 de agosto de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Mª Amparo C. Taboada Gil

Secretaria accidental da Deputación Provincial da Coruña

ObraOrzamentoPrazo de execución da obra

que se vai dirixir

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Ampliación e mellora de trazado de E.P. 1909 do p.q. 1+700 o p.q.6+000 (Carballo).11.932,15 eurosComprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a acta de recepción delas.Non se esixeNon se esixeNon se esixe

Ampliación e mellora do trazado da E.P. 1105 de Noia a Cabo de Cruz, tramo p.q. 2,100 o p.q. 6,100 (Lousame).3.419,03 eurosComprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a acta de recepción delas.Non se esixeNon se esixeNon se esixe

Ampliación e mellora do trazado da E.P. 3203 do p.q. 0,00 o p.q. 6,375 de Burricios a A Pena de Martín (Oza dos Ríos).10.549,60 eurosComprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a acta de recepción delas.Non se esixeNon se esixeNon se esixe

Beirarrúa marxe esquerda E.P. 1902 Carballo a Razo p.q. 0,850 o p.q. 1,250 (Carballo).1.192,83 eurosComprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a acta de recepción delas.Non se esixeNon se esixeNon se esixe

Ampliación e mellora do trazado da E.P. 8401 A Tablilla a Agromestre tramo p.q. 0,000 o p.q. 5,640 (Tordoia)10.387,35 eurosComprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a acta de recepción delas.Non se esixeNon se esixeNon se esixe