Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2003 Páx. 11.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 10-7-2003, aprobou inicialmente o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación Centro Norte-19 (rúa Curros Enríquez) do PXOU

vixente, promovido pola xunta de compensación da devandita unidade de actuación, representada polo seu presidente Eladio Díaz Campos.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 22 de xullo de 2003.

Xosé C. López Orozco

Alcalde