Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2003 Páx. 11.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2003 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a contratación dos servicios de realización e producción dun anuncio publicitario de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a captación de investimentos en Galicia (C.P. 2/2003).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 2/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: realización e producción dun anuncio publicitario de Galicia e o Igape.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 21 de marzo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

Importe total: 130.000 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 8 de xullo de 2003.

b) Contratista: Comunicación Integral Gallega, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 115.525 euros, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica